lunes, 28 de mayo de 2012

Raros sodes vós.

Hoxe lin un artigo de opinión feito por unha rapaza da miña idade. Lino no xornal Sermos Galiza, que espero que teña moito futuro. A rapaza falaba sobre ela mesma. Dicía que se consideraba rara, rara por ser unha rapaza non moi común no seu entorno. Que ten conciencia social e defende a súa cultura, a súa lingua e a súa terra. Dende aquí quero mandar tódolos meus parabéns e saúdos á rapaza.
Vou ó tema. Para min os raros sodes vós, tendes pechados os ollos, non vos importa nin o máis mínimo o mundo no que vivides. Para min os raros sodes os que non tendes conciencia social, pasades de todo e dávos igual a política. Se mexan por vós, dávos igual. Deixades que fagan e desfagan ao seu antollo os magnates, banqueiros e políticos. E que facedes? Encender o voso I-pod e descargar unha canción sen nin sequera importarvos o máis mínimo o que pasa no mundo e que vai ser do voso futuro. Porque logo protestaredes por ter que pagar por estudar, por ser máis alumnos nas clases, por ter menos plazas nas carreiras universitarias... E non vos daredes de conta de que tendes parte de culpa por permitir iso e calar, sen protestar... Os raros non somos os que nos preocupamos polo que acontece día a día no mundo, polo que fan os políticos, por protestar ante as inxustizas, por defender e apoiar unha lingua, terra e cultura. O futuro está nas nosas máns, os xóvenes poderemos lograr que este mundo no que vivimos poida ser mellor, sen inxustizas, no que haxa liberdade e igualdade.
Por iso...
...os raros sodes vós!

"A verdade é sempre revolucionaria"

Grazas por lerme, agradezo e respondo ós comentarios...
Saúdos:

                   Alberto Rivas de Jesús

4 comentarios:

  1. Deberías estar jugando a los play movil en vez de pensar tanto, que estas algo perdido en el mundo

    ResponderEliminar
  2. Comprendo a túa idea sobre a mentalidade da maioría dos rapaces e rapazas. Unha mentalidade despreocupada polo seu futuro, por calquer tema da sociedade que non sexa deporte. Pero creo que tes unha forma de ver as cousas moi idealista; ves todo dunha maneira moi fácil, sen meterse a fondo no problema. A vida é dura, pero hai que vivila como ten que ser.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sei que a vida non é facil, é unha loita constante, pero é a que nos toca vivir e debemos intentar que sexa mellor para tod@s.
      Un saúdo,
      Grazas por lerme...

      Eliminar