Translate

lunes, 28 de mayo de 2012

Raros sodes vós.

Hoxe lin un artigo de opinión feito por unha rapaza da miña idade. Lino no xornal Sermos Galiza, que espero que teña moito futuro. A rapaza falaba sobre ela mesma. Dicía que se consideraba rara, rara por ser unha rapaza non moi común no seu entorno. Que ten conciencia social e defende a súa cultura, a súa lingua e a súa terra. Dende aquí quero mandar tódolos meus parabéns e saúdos á rapaza.
Vou ó tema. Para min os raros sodes vós, tendes pechados os ollos, non vos importa nin o máis mínimo o mundo no que vivides. Para min os raros sodes os que non tendes conciencia social, pasades de todo e dávos igual a política. Se mexan por vós, dávos igual. Deixades que fagan e desfagan ao seu antollo os magnates, banqueiros e políticos. E que facedes? Encender o voso I-pod e descargar unha canción sen nin sequera importarvos o máis mínimo o que pasa no mundo e que vai ser do voso futuro. Porque logo protestaredes por ter que pagar por estudar, por ser máis alumnos nas clases, por ter menos plazas nas carreiras universitarias... E non vos daredes de conta de que tendes parte de culpa por permitir iso e calar, sen protestar... Os raros non somos os que nos preocupamos polo que acontece día a día no mundo, polo que fan os políticos, por protestar ante as inxustizas, por defender e apoiar unha lingua, terra e cultura. O futuro está nas nosas máns, os xóvenes poderemos lograr que este mundo no que vivimos poida ser mellor, sen inxustizas, no que haxa liberdade e igualdade.
Por iso...
...os raros sodes vós!

"A verdade é sempre revolucionaria"

Grazas por lerme, agradezo e respondo ós comentarios...
Saúdos:

                   Alberto Rivas de Jesús

lunes, 14 de mayo de 2012

Son de esquerdas...

Son de esquerdas porque quero a Galiza.
Son de esquerdas porque son sensato.
Son de esquerdas porque axudei a escribir o famoso manifesto.
Son de esquerdas porque escoito canción protesta.
Son de esquerdas porque apoio o 15-M.
Son de esquerdas porque non creo o discurso falso dos políticos.
Son de esquerdas porque apoio a Cristina con YPF.
Son de esquerdas porque me gustaría vivir en Cuba.
Son de esquerdas porque as multinacionais danme noxo.
Son de esquerdas porque estou orgulloso da miña lingua.
Son de esquerdas porque vexo positiva a nacionalización da banca.
Son de esquerdas porque me emociono co meu himno galego.
Son de esquerdas porque non entendo a GB.
Son de esquerdas porque admiro ao Ché, a Fidel, a Marx...
Son de esquerdas porque atopei a miña identidade.
Son de esquerdas porque son inconformisma.
Son de esquerdas porque non lle vexo sentido á dereita.
Por iso e por moito mais,
                     ...si, son de esquerdas!

Grazas por lerme, unha aperta:
         
                     Alberto Rivas de Jesús