Translate

miércoles, 30 de enero de 2013

Camiño dun futuro incerto.

Todo o que realmente nos agarda, o que nos depara a vida, é a precupación de moita da xente. Xente, poucas persoas, só xente, que nada fai por cambiar un presente que nos levará a un futuro decadente. Non vale só con cruzar os brazos e asentir, para cambiar o futuro fai falta un esforzo. Porque eu non quero ser un obrero explotado, que traballa arreo horas e horas, que ve como o capitalista do seu xefe se lucra e se aprobeita da plusvalía do meu traballo, e chegar ao fogar derreado, sen poder desfrutar dunha familia que malamente subsiste co mísero soldo que pagan. E logo ver aos teus fillos, que queren e se preocupan por estudar, e como tes que depender dunha posíbel beca que o goberno che puidese dar. Este futuro é provocado pola maioría da xentuza que habita a sociedade, estase elevando isto a extremos desorbitados, polarizando a sociedade e fomentando a privatización dos bens sociais que son elementais. Moitos de vós pensades que esta é unha situación irremediábel, que nada se pode facer ao respecto, estades equivocados. Preferides asentir e votar a corruptos farsantes que vos levarán a este decadente futuro qe loitar? Loitar polo cambio, pola mellora da sociedade, por non permitir que catro impresentábeis de traxe e gravata controlen en réxime de oligopolio a economía mundial. O capitalismo só é unha trampa, un labirinto sen saída, que destrúe familias, Pymes, destrúe e polariza a sociedade.
Esforzo e loita, loita polo arranxo...

O arranxo dun futuro incerto.

Grazas por lerme,
grazas a ti por inspirarme
e axudar a desafogarme.

Alberto Rivas de Jesús