Si amigos, quedan 8 días para a folga xeral. Eu son partidario e digo si ao 29-M. Por que? Pois porque eu non quero ser un escravo dos bancos, dos políticos, dos ricos e do capital. Non estou disposto a calar e conformarme cunha sociedade na que morren de fame cada día moitas persoas. Só son culpables os políticos? Pois non, sómolo todos por permitilo, por mirar para outro lado. Éque a ninguén lle di nada a súa conciencia? Ninguén se sinte culpable por deixar morrer tanta xente? Pois eu non me conformo. A miña conciencia dime que non, dime que loite e que sexa inconformista. Porque eu por sorte non vivo nesas condicións, pero compadézome de toda esa xente, homes, mulleres e nenos, persoas que lles tocou vivir esa realidade.
O dito, se algo queremos cambiar, algo teremos que facer. O día 29 eu apoiarei a folga, contra unha reforma capitalista, que benefia ao que máis ten, e perxudica ao traballador. É unha vergoña que empresas tan poderosas obriguen aos traballadores a traballar ese día. É lóxico ter medo ao despido, pero é lóxico que tódolos empresarios se beneficien de nós? Eu creo que non. Dígoo con argumentos, meu pai é traballador, pero non ten medo, vai á folga.
O pobo unido endexamais será vencido.
Non teñades medo e ide á folga o 29-M.
Un saúdo, grazas por lerme.
Alberto Rivas.