Como empezar? Ben, eu non me agocho, chámome Alberto Rivas, teño 15 anos e son alumno do CPI Pontecesures. Son un dos autores do Manifesto, calificado de "xenófobo", "talibán lingüístico", etc.
Para crear este texto, ninguén nos influiu. Creámolo entre todos, o noso profe díxonos que el non compartía algunha das ideas do manifesto. Dixo que o traballo era noso, non del, e si queríamos publicalo así, tan "provocador". Nós, obviamente, dixemos que si.
Foi publicado, e un día soubemos que fora elexido vencedor. Levamos unha grata sorpresa, xa que é un concurso a nivel galego e tal...
Bueno, ata aí todo ben. Un par de días máis tarde, o noso profe, comunicounos que o Correlingüa quería censurar un pequeno trozo do manifesto, porque poñía "Telegaita" en vez de TVG e "La Coz de Galicia" no lugar de "La Voz...". Nós dixemos que non había problema, pero que sentíamos unha indignación enorme. Queríamos saber o porqué da censura, e soubémolo. Foi censurado por medo, por non ter problemas con Galicia Bilingüe. Expresamos a nosa indignación á nosa maneira, en redes socias coma Twitter. Non entendíamos a censura, en pleno século XXI. Un tweet do meu compañeiro Fran Bragado, foi utilizado por Galicia Bilingüe como detonante para crear unha loita. Unha loita na que a balanza está desequilibrada. Nós somos menores de idade, e fomos acusados públicamente de xenófobos, de que éramos vítimas dun adoutrinamento. Isto non é certo, creámolo de cero, ninguén nos mandou, ninguén nos influenciou
É unha pena que aínda haxa mentes retrógradas nos nosos días. Non é correcto acusar e dicir calumnias sobre menores de idade publicamente.
Que pasa? Téñennos medo? Somos xóvenes, os que nun futuro poden facer desta sociedade unha mellor.
Sobre a entrada de Gloria Lago, penso que non ten nin a menor idea, que non respeta as nosas ideas, non sabe que significa todo isto para nós.
Agradecer por último a Fran Bragado, por ter esas ideas tan boas que fixeron gañador o manifesto; ao noso profe de Lingua galega por axudarnos a participar; e a Pablo Potel e José Carlos García por axudar nesta causa.
PD: Sería unha vergoña que pechasen o blog de Lingua Galega, denunciado por GB. É un blog onde pode opinar quen queira e onde se publican os nosos traballos.
Grazas a todos por ler isto e ter interese por defender unha causa.
Un saúdo,
Alberto Rivas
No hay comentarios:
Publicar un comentario